Pyrgus malvae
Pyrgus malvae | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||
Non avaliado | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
'Pyrgus malvae' (Linnaeus, 1758) |
Pyrgus malvae é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Hesperiidae que se distribúe a través da rexión paleártica excepto o extremo norte e a Península Ibérica, e cara ao leste até a China e Corea.
Descrición
[editar | editar a fonte]Co seu característico moteado negro e o patrón branco esta bolboreta é inconfundible, aínda que cando son vellos os individuos descoloridos poden confundirse con Erynnis tages.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]O seu hábitat principal en Gran Bretaña son as terras baixas húmidas, pero outros inclúen prados con arbustos, claros do arboledo e o hábitat artificial de terras de cultivo abandonadas. A bolboreta distribúese a través da Inglaterra meridional e central así como no País de Gales, pero declinou en varias áreas, especialmente nos hábitats máis secos.
Ciclo vital e fontes de alimentación
[editar | editar a fonte]As femias deixan postas de ovos individuais sobre especies da familia Rosaceae, normalmente Agrimonia eupatoria, Potentilla reptans e Fragaria vesca.
Outras das plantas que consomen ocasionalmente son Potentilla sterilis, Potentilla erecta, Sanguisorba minor, Rubus fruticosus, Rosa canina e Geum urbanum.
Nas plantas, as larvas crean estruturas de abrigo para usalas cando non se están alimentando. As larvas tecen casulos onde a pupa pasa o inverno, antes de emerxer na primavera seguinte. A bolboreta adulta voa de finais de abril até mediados de xuño.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Whalley, Paul - Mitchell Beazley Guide to Butterflies (1981, reprinted 1992) ISBN 0-85533-348-0
- Jim Asher et al The Millennium Atlas of Butterflies of Britain and Ireland Oxford University Press
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Grizzled Skipper page from [1] Butterfly Conservation
- Brereton TM, Bourn NAD e Warren MS. Species action plan. Grizzled Skipper 1998.